xoves 01/10/20

A Federación de Autónomas pide prolongar máis os ERTE

Na Galiza hai 57.423 autónomas e autónomos menos polo que desde esta entidade piden medidas urxentes.
Bares, Compostela
Bares, Compostela

A Federación de Autónomas e Autónomos da Galiza presentou dez propostas urxentes para contrarrestar os efectos dos gromos no colectivo, que pasan por unha ampliación dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) e as axudas específicas para persoal por conta propia, ademais de reducións na cota que pagan e bonificacións fiscais.

O número de autónomas e autónomos activos reduciuse en 57.423 este verán con respecto ao de 2019 e Galiza perdeu máis de 7.000 entre xuño e xullo, segundo a federación. "O que viviremos a partir do mes de setembro será unha auténtica traxedia", avisa e lanza un " SOS colectivo". Por iso, propón prorrogar os ERTE "o tempo necesario, mesmo máis aló do ano 2020", en especial en hostalería e turismo.

comentarios