Falece un operario en Ribadumia ao quedar atrapado nunha máquina dunha fábrica de conservas

Os equipos de emerxencias presentáronse no lugar mais, a pesar dos esforzos, só puideron confirmar o falecemento do traballador.
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)

Un traballador morreu no mediodía desta sexta feira en Ribadumia (O Salnés) ao quedarse atrapado nunha máquina dunha fábrica de conservas. Segundo informa o 112 Galiza, eran as 13.10 horas cando chamaba unha persoa para solicitar asistencia sanitaria urxente para un operario que estaba atrapado nun transelevador.

Seguidamente, os equipos de emerxencias presentáronse no lugar mais, a pesar dos esforzos, só puideron confirmar o falecemento do traballador. O corpo de bombeiros encargouse das tarefas para liberar o corpo. No operativo tamén participaron Urxencias Sanitarias da Galiza-061, a Garda Civil e Protección Civil de Ribadumia.

Comentarios