Denuncian atrasos nos pagos das nóminas ao persoal de atención de chamadas do 061 na central da Estrada

A CIG advirte que a empresa Grupo Norte, concesionaria do servizo de atención de chamadas da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061, aínda non abonou parte da nómina do mes de marzo ao persoal que xestiona a atención telefónica nas instalacións da Estrada.
2020042112103161187
photo_camera Ambulancias do 061. (Xunta)

Tal e como lembra o comité de empresa, trátase da empresa que xestionou un servizo esencial como é a atención de chamadas da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061 desde 2017 e até o pasado mes de marzo, subcontratada pola Xunta.

Segundo denuncia, Grupo Norte xa amenazara "en reiteradas ocasións" con non pagar as nóminas dos persoas encargadas da xestión telefónica que alí traballan. Nestes días, o comité advirte que non está respondendo a ningún dos correos electrónicos enviados da representanción do persoal, pero si bloqueou as contas que a representante legal das traballadoras deste centro ten nas redes sociais.

Desde a CIG sinalan que o mesmo ocorre no servizo de operación telefónica do 112 de Canarias, comunidade onde a empresa Grupo Norte é a encargada da súa xestión. Como apunta, a débeda de parte desta nómina súmase a outras débedas da empresa co persoal. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios