Folga no 061: "Somos reféns do Grupo Norte e da Xunta"

Un dos servizos máis sensíbeis da Xunta da Galiza, as emerxencias do 061, consumaron unha folga parcial de dúas horas para denunciar a inestabilidade e incerteza do seu funcionamento. 

Folga 061 na Estrada (CIG)
photo_camera Folga 061 na Estrada (CIG)

O persoal do servizo de emerxencias que xestiona o centro de chamadas 061 realizou a pasada segunda feira, coincidindo co día festivo, unha folga parcial de dúas horas para denunciar a súa situación. André Chamadoira, membro do comité de empresa, explica a Nós Diario que o sistema que emprega a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está a crear precariedade nun departamento tan sensíbel. 

O persoal operador de emerxencia está formado por 95 traballadoras e traballadores, 25% do total que traballan no servizo. Denuncian que son mileuristas, traballan todas as noites do ano, mesmo festivos, e cunha gran presión.  

Desde o comité de empresa denuncian ameazas. Aseguran que non teñen ningún contacto coa empresa que ademais lles está a pagar mal as baixas laborais. 

Renato Núñez, asesor da CIG, afirma a Nós Diario que o persoal do 061 non cobrou decembro e non saben se cobrarán xaneiro.

O artigo íntegro pode consultalo na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios