O Congreso aproba a aplicación dos coeficientes redutores de idade de xubilación aos axentes ambientais
A aplicación dos coeficientes aos axentes ambientais é unha demanda continuada da CIG desde 2018.
Após da presión sindical da CIG Xubilados desde 2018, esta terza feira o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba o Real Decreto-lei 16/2025, co que se aproba a cotización adicional que permite aplicar os coeficientes redutores da idade de xubilación aos e ás axentes ambientais. Un dereito que xa estaba recoñecido na lei, mais que se atopaba até agora bloqueado.
A CIG considerou moi positiva a aprobación deste decreto-lei, considerando "unha conquista moi importante na Galiza".
Os coeficientes redutores de idade de xubilación aos axentes ambientais aplicaranse en xubilacións anticipadas con coeficiente 0,20 por cada ano traballado ao ter un mínimo de 15 anos na actividade, podendo sumar os anos desenvolvidos como bombeiros ou bombeiras forestais e como axentes ambientais.
O proxecto de lei de axentes forestais foi defendida en 2024 no Congreso polo deputado do BNG, Néstor Rego, co obxectivo de conseguir unhas mellores condicións e unha maior seguranza para as e os axentes forestais". Os nacionalistas presentaban unha serie de emendas ao proxecto que proviñan en grande medida das demandas trasladas polos representantes sindicais da CIG.
Entre as emendas destacaba polos nacionalistas esta a referida a explicitar no texto como función propia tamén dos axentes forestais os labores de dirección técnica de extinción de incendios, que, no caso de Galiza, é unha función prioritaria básica e habitual xa na actualidade.
O BNG consideraba que a inclusión das súas emendas era de "importante pola relevancia funcional que ten para a protección da seguridade e da saúde destes funcionarios e funcionarias públicas que, nestas tarefas, deben ser asimilados e asimiladas ós bombeiros e bombeiras forestais".
