Comezan as protestas de traballadores de Alcoa

Barricadas cortan a primeira hora da mañá a estrada de acceso á factoría de San Cibrao.

alcoa barricada

A primeira hora da mañá desta sexta feira varias barricadas cortaban a estrada principal de acceso que leva á factoría de Alcoa en San Cibrao. Grupos de traballadores prenderon lume a palés e pneumáticos, nun protesto contra a decisión da empresa de despedir máis de 500 traballadores e fechar a factoría de aluminio.

O comité de empresa reúnese na mañá desta sexta feira para acordar un calendario de mobilizacións contra a medida anunciada pola empresa. Ao tempo, desde concellos da comarca da Mariña apóstase en establecer unha coordinación para dar resposta ás medidas anunciadas por Alcoa.

Comentarios