A automoción podería perder en Europa 14 millóns de empregos pola crise do coronavirus

Factoría europea de vehículos (Europa Press).

Un comunicado da Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles (ACEA) afirma que é a peor situación que viviu a industria do automóbil.

A Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles (ACEA) alerta de que a industria automobilística europea está diante dunha crise "sen precedentes" provocada pola expansión do virus Covid-19. Aseguran que esta situación pon enxogo 14 millóns de empregos neste sector.

Nun comunicado, ACEA lembra que esta crise sanitaria está a obrigar a pechar ducias de factorías en toda Europa polo colapso da demanda, a carencia de subministración e as medidas adoptadas polos distintos gobernos para evitar o maior contaxio.

Eric-Mark Huitema, conselleiro delegado de ACEA, asegura que "é a peor crise na industria do automóbil" e que por este motivo "están en xogo uns 14 millóns de empregos". Por este motivo, solicitou aos diferentes países e ás autoridades da Unión Europea (UE) medidas para apoiar ás empresas do sector, así como aos seus provedores e distribuidores compoñentes.