Alu Ibérica retoma a súa actividade na planta da Coruña

A fábrica de aluminio retomará a actividade na planta da Coruña co personal mínimo necesario.
alu iberica alcoa (Europa Press)
photo_camera alu iberica alcoa (Europa Press)

Os datos de contaxios e falecidos pola COVID-19 empezan a convidar o optimismo. O Goberno estatal quere que as empresas retomen a actividade o antes posíbel, e semella que desde Alu Ibérica, a empresa que xestiona as antigas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, parece que captou a mensaxe. 

Segundo informou a compañía propiedade de Parter Capital Group a través dun comunicado, estas factorías volverán operar con normalidade a partir de mañá. A decisión adoptouna o fabricante metalúrxico após sendas reunións cos comités de empresa de ambas as plantas de produción.

Así, a factoría coruñesa volverá producir aluminio esta sexta feira a partir das 6 horas e "seguindo un estrito protocolo de prevención mais minimizando o número de persoal nas fábricas". Será só unha quincena despois de que, a finais do pasado mes de abril, o grupo decidise paralizar a produción de aluminio nestas dúas fábricas atendendo así ao decreto aprobado polo Goberno español que ordenaba o feche de toda actividade non esencial para evitar a propagación do coronavirus.

Comentarios