A xustiza revisou na Galiza 72 condenas desde a aprobación da lei do ‘só si é si’: 38 rebaixas de pena e 34 mantemento da decisión

Edificio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. (Foto: Europa Press)
A Audiencia Provincial de Lugo rebaixou as penas a catro condenados por delitos sexuais, en aplicación da nova lei do 'só si é si', segundo os autos facilitadosesta sexta feira polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, coñecida como lei do 'só si é si', as Audiencias Provinciais na Galiza e o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza revisaron e emitiron polo menos 72 decisións tanto revisións de penas xa impostas como recursos-- referidas a condenas.

Delas, polo menos 38 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, unhas 34, mantida a condena porque a Lei do 'só si é si' suporía que o xuízo se saldaría cunha pena maior que na que se puxo no seu momento. Aínda que non transcenden desde as Audiencias todas as peticións, tal e como aclararon fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Audiencia Provincial de Lugo rebaixou as penas a catro condenados por delitos sexuais, en aplicación da nova lei do 'só si é si', segundo os autos facilitados onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Ministerio de Igualdade non cre que unha reforma penal sexa a solución para frear as revisións de penas a violadores que provocou a lei do 'só si é si' e considera que esta situación é consecuencia dunha incorrecta aplicación do dereito transitorio da propia lei, segundo afirmou a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell.

Ademais, apunta que as persoas expertas na materia e o propio Goberno español de coalición comparten esta postura e, por iso, Igualdade propuxo como solución posíbel un plan de medidas para a especialización xudicial, a formación en violencias sexuais e o incremento de efectivos para a protección das mulleres, tal e como "xa se fixo" coa Lei contra a violencia de xénero en 2004.

O PSOE anunciou esta semana que presentará unha proposición de lei para corrixir a Lei de garantía integral da liberdade sexual, coñecida como lei do 'só si é si', por ser a vía máis rápida para levar a cabo esta modificación do Código penal, segundo indicou a portavoz socialista, Pilar Alegría.

A equiparación de abusos e agresións sexuais na nova lei tamén comportou a rebaixa das penas mínimas e máximas de prisión aos condenados. Cando se cambia unha lei, os condenados por un delito poden pedir a revisión da sentenza, porque se o cambio se fai a favor seu, pódenselle aplicar as melloras retroactivamente, como unha rebaixa da pena.

Paz Filgueira, maxistrada, considera "complicado" facer unha valoración de como está a resultar a nova lei tendo en conta que leva en vigor apenas dous meses. "A modificación de certos tipos penais pode levar en certos casos a que se dean rebaixas de penas", sinala a Nós Diario, "como con moitas outras leis". Porén, apunta a xuíza, "considero que a anterior lei era máis prexudicial neste sentido [para as vítimas] e non vin tanta polémica".