O incendio de Fisterra queimou xa 130 hectáreas

Comezou na parroquia de Sardiñeiro e continúa activo. Os fortes ventos do nordés facilitaron a propagación do lume.

Porto do Son, Monforte, Lobeira e agora Fisterra. A primeira vaga de incendios do verán na Galiza vai estendéndose polas diferentes áreas do país e suma xa centos de hectáreas queimadas. Cos lumes máis importantes orixinados nesta quinta feira estabilizados (Monforte e Porto do Son), a preocupación céntrase agora en Fisterra.

O lume orixinouse na parroquia de Sardiñeiro desta localidade da Costa da Morta na madrugada desta sexta feira e leva calcinadas130 hectáreas. A Xunta solicitou a intervención da UME (Unidade Militar de Emerxencias) para combater este foco. As lapas estiveron próximas de núcleos como os de Vigo ou Rial, informan en Que pasa na costa.

A preocupación está, igual ca onte, no vento do nordés. As previsións para esta sexta feira son que nesa zona costeira haxa ventos do nordés de até forza 7, o que non son boas novas. Dous hidroavións e dous helicópteros combaten este foco.

Entre a madrugada da quinta e da sexta feira houbo na Galiza 23 focos. A primeira vaga de lumes do verán queimou xa unhas 600 hectáreas