Social

A Xunta non aclara se sancionará a DomusVi após os contaxios nas súas residencias

Exterior da residencia San Lázaro (Domus Vi).
O presidente galego manifestou que agardará a coñecer o informe do expediente informativo aberto a DomusVi para determinar se abre un expediente sancionador contra esta empresa.

A Xunta esperará a coñecer o informe do expediente informativo aberto á DomusVi para determinar se abre un expediente sancionador contra esta empresa, que xestiona varias residencias de maiores na Galiza nas que se produciron numerosos casos de contaxios por coronavirus entre as usuarias e o persoal.

Após a reunión do Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, apuntou que o seu Executivo tomará "a decisión que proceda de acordo co instrutor do expendiente informativo" aberto a DomusVi.

Neste sentido, apelou a coñecer o resultado do devandito informe, polo que non quixo entrar a concretar se a Xunta pretende sancionar a esta empresa, que viu como varias das residencias que xestiona foron intervidas pola a proliferación de casos de COVID-19 entre as súas residentes e o seu persoal. 

En concreto, as residencias de Domus Vi O Barreiro, en Vigo, e a de Aldán, en Cangas, xa foron intervidas polo Goberno galego a semana pasada, após coñecerse varios falecementos

Mais a residencia San Lázaro, en Compostela, tamén xestionada por esta empresa e na que xa faleceron 15 persoas, segue sen ser intervida pola Xunta a pesar das peticións de axuda das familiares das residentes