A Xunta mantén o fechamento perimetral en Cambados, Laza e Padrón

A Consellaría de Sanidade vén de comunicar esta medida após decorrer un novo encontro co comité clínico que asesora ao Goberno galego sobre a evolución da pandemia no país. Seis municipios fican nun nivel elevado de restricións, mentres que outros 30 estarán en risco medio-alto. Hoxe tamén se aprobou o uso da vacina de Janssen para as persoas de entre 50 e 59 anos.
Usuarias con máscaras nunha praia da Laracha, que fica no nivel alto de limitacións. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Usuarias con máscaras nunha praia da Laracha, que fica no nivel alto de limitacións. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios