A Xunta asegura que os bonos para persoal sanitario e sociosanitario foron ideados por Turismo

Xesús Vázquez Almuíña en rolda de prensa (Imaxe: Xunta da Galiza).
O conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, dixo en rolda de prensa que a iniciativa anunciada por Núñez Feixoo non fora "ben explicada" e pediu desculpas.

O ofrecemento de 20.000 bonos de 250 euros de uso en hostalaría e restauración para persoal da sanidade e dos servizos sociais foi ideado pola Consellaría de Cultura e Turismo. Así o asegurou onte o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, nunha rolda de prensa. O anuncio, que o presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feixoo, realizou hai tres días, foi rexeitado e criticado por colexios profesionais e sindicatos.

Segundo Almuíña, a iniciativa, parte dun plan de reactivación do sector turístico, "non foi ben explicada" polo que pediu "desculpas". "Era dar un bono turístico por un importe e dentro dese protocolo pensaron que o colectivo que podía ser favorecido podía ser o sociosanitario porque na crise foron os que máis sufriron o proceso", dixo.

O responsábel da carteira de Sanidade asegurou que non se trata de "ningunha gratificación de Sanidade". "Calquera mellora valorámola sempre a través da Mesa Sectorial e aí estaremos sempre traballando", asegurou. Esta mesma semana terá lugar unha manifestación convocada por sindicatos e colectivos reclamando á Xunta "estabilidade". 

Atención ás visitantes

A maiores, Almuíña explicou  a actualización, acordada na pasada segunda feira, do plan de detección, control e vixilancia ante posíbeis brotes da COVID-19 e que agora inclúe a atención ás visitantes a través do teléfono 881 00 20 21. A pasada fin de semana foi localizado un foco de coronavirus no Barbanza, con nove doentes localizados tras testar arredor dun centenar de persoas gardan corentena.

Segundo as cifras da consellaría, a central de vixilancia, os rastrexadores de empresas teleoperadoras sen concretar contratados pola Xunta para realizaren o seguimento de doentes, realizou un total de 1. 622