Xubilación na Galiza: Qué facer se te acabas de xubilar?

Xubilación na Galiza: Qué facer se te acabas de xubilar?
Se xa estás xubilado ou estás a piques de rematar a túa vida laboral, estás no teu mellor momento, anota estes plans e esquécete do aburrimento

Qué facer despois de xubilarse na Galiza? Se xa non formas parte da clase traballadora, parabéns, agora toca gozar. Estes plans axudaranche a facelo.

Xubilarse non é sinónimo de aburrimento, ao contrario, esta etapa da vida hai que saber vivila e aproveitala. A rutina laboral xa non forma parte do teu día a día, agora toca improvisar.

¿Queres facer unha escapada rural en Galiza? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020

 

Para poder comezar a desfrutar da xubilación, non esquezas que o de coidar dos netos non é requisito obrigatorio de todo avó, a responsabilidade é mellor repartila. Xogar con pequenos mola, si, pero para que sexa sempre así, os excesos non axudan.

Xubilarse non é sinónimo de aburrimento

O ritmo de vida actual fai que o teu papel e a túa axuda infinita sexan vitais, pero de aí a que sexas o responsábel de todo e a calquera hora, non. Non o dubides e descubre qué facer tras a xubilación na Galiza.

Organiza a túa axenda e as túas obrigacións familiares, xa que non deberían ocupar todo o teu día. Necesitas tempo para ti. Non o esquezas.

Se o tes claro, poñémonos en marcha, con tanto tempo libre tras xubilarte na Galiza, moitas son as cousas que podes facer, non hai tempo que perder...

Viaxar

O de viaxar é o plan que todo o mundo quere realizar máis a miúdo. Da igual o destino, o importante é cambiar de aires e coñecer lugares novos. Dosificar a mente, xeográficamente falando, é moi necesario. 

Debido a que non tes problemas de horarios, salvo os de entrada e saída do cole, e os dalgunha que outra clases extra escolar, é un moi bo momento para ir preparando a maleta. Viaxar por Galiza mola moito.

Algúns dos lugares recomendábeis para visitar na Galiza sen ter que meterse nas cidades, poderían ser os seguintes:

  • Fervenza do Ézaro
  • Parque Natural do Río Barosa
  • Pallozas de Piornedo
  • Serra da Capelada
  • Parque Natural das Fragas do Eume
  • Serra do Courel
  • Cañón do Río Sil
Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e desfrutar da natureza galega

 

Facer deporte

Para que te sintas ben contigo mesmo, o deporte é imprescindíbel. Non fai falta que che percorras Galiza de punta a punta. Con que te movas un pouquiño, será máis que suficiente.

Elixe a disciplina que prefiras, pero lembra, nada de excesos, todo na súa xusta medida. O mellor é que o teu exercicio o supervise alguén. Iso de cero a cen en pouco tempo non é a idea.

Andar, facer sendeirismo por Galiza, nadar, practicar yoga ou pilates poden ser unhas opcións moi a ter en conta. Dalle unha volta.

Os 10 mellores deportistas galegos da actualidade: Sabes cales son os deportistas galegos na élite mundial

 

Volver facer o que máis che gusta

É o momento de volver facer aquilo que máis che gusta e que por falta de tempo non podías levar a cabo. Recuperar vellas afeccións é en grao sumo terapéutico.

Dedicar tempo a algo que che gusta faiche sentir ben, algo imprescindíbel neste momento da túa vida. Ademais, facelo con pausa e sen presa, axuda moito. Este plan debes apuntalo, si ou si.

Seguro que por aí quedou algún que outro 'hobby' que non gozaches como debías... este é o teu momento.

Outra moi boa idea é gozar da axenda de lecer na Galiza, plans durante toda a semana que che axudarán a non quedarte nin un só día na casa.

¿Estás ao tanto da situación do rural en Galiza? O rural pide mudanzas para o 2020

 

Bailar

Se o de mover o esqueleto sempre foi contigo, por qué non facelo agora. Lembra que bailar ten moitos beneficios para a saúde.

Ademais de ser unha actividade moi divertida, é unha ferramenta moi potente para manterse en forma. Axúdache a mitigar a tensión, no caso de que o teñas, queima o exceso de graxa corporal, mellora a circulación sanguínea, tonifica os músculos e aumenta a elasticidade das articulacións.

Como podes ver nada che impide ser o rei da pista a estas alturas. Ve buscando o teu baile favorito e gózao a lume de biqueira.

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo para bailar na Galiza

 

Voluntariados

Unha actividade que podes incluir no teu día a día na Galiza é axudar aos demais. Unha actividade moi gratificante que che axudará a ver as cousas desde outro punto de vista.

Na Galiza son moitas as organizacións sen ánimo de lucro encargadas de axudar aos que máis o necesitan. Agora tes máis tempo libre, fai que conte.

Cambios na pensión por xubilación na Galiza en 2020: Bota unha ollada aos cambios máis significativos

 

Novas tecnoloxías

Se queres estar á última e mostrar os teus dotes máis creativos, experimenta coas novas tecnoloxías. Tempo tes, polo que só queda algo de paciencia e buscar quen che inicie neste complexo mundo.

Contar as túas experiencias, opinar de todo e de nada, dándolle un maior sentido ao teu día a día é un plan perfecto. Darlle voltas ao coco mentres estás entretido, vai axudarlle moito á túa memoria.

Xa sabes iso de que cabeza ocupada non estraña nada nin a ninguén. Ademais, esta proposta pode axudarache a coñecer a máis xente coas túas mesmas inquietudes. Como podes ver, todo son vantaxes.

Anímate e goza do mundo online, para empezar podes falar das moitas cousas que ofrece Galiza ao visitante. Turismo, cultura, gastronomía...

Xubilación na Galiza: Así afectan as novas medidas neste 2020 para todos os xubilados galegos

 

Elixe unha mascota

Se necesitas algo de compañía, non o dubides, unha mascota é o que estás a buscar. Xa sexa como compañeira en casa como compañeira de viaxe.

Ademáis, moitos son os beneficios que che pode achegar. A presenza dunha mascota no teu fogar pode mellorar a calidade de vida e contribuír a mellorar a saúde física e mental das persoas.

Máis aló de brindar diversión e compañía, a súa presenza ten un impacto positivo na saúde física e mental das persoas, irremediablemente a calidade de vida e a sensación de benestar aumenta.