Cambios na pensión por xubilación na Galiza en 2020

Estes son os cambios na pensión por xubilación na Galiza para este ano 2020. Se estás perto de xubilarte ou xa che toca, infórmate e ten en conta o seguinte

Pensionistas nun parque (Europa Press)
photo_camera Cambios na pensión por xubilación en Galiza no 2020

Cambios na pensión por xubilación  na Galiza en 2020: Se aínda non estás informado, estes datos sobre a xubilación e as súas modificacións poden ser do teu interese. 

Co novo ano, chegan os cambios, e sen dúbida, as sorpresas. Agora para acceder a pensión de xubilación, haberá lixeiras diferenzas referentes a idade, periodo de cotización e contía da pensión.

Resumindo, este ano haberá un retraso na idade de xubilación de dous meses respecto ó ano anterior. A idade e o período cotizado mínimo irán aumentando progresivamente ata alcanzar os 67 anos de idade en 2027.

As pensións non abondan para vivir dignamente

 

Normas aplicables durante este ano 2020

Ata agora, a idade para xubilarse estaba nos 65 años, habendo cotizado 36 anos e 9 meses ou máis. A partires de 2020 haberá que comprobar se se cumpren os seguintes requisitos.

Idade de Xubilación 

A idade ordinaria é os 65 anos e 10 meses sempre que se acrediten 15 anos de cotización. Permítese tamén, acceder a xubilación ós 65 anos se se teñen 37 anos cotizados.

Para acceder a xubilación parcial anticipada en 2020, é necesario ter cumplidos os 61 anos e 10 meses con 35 anos de cotización, ou 62 anos e 8 meses con 33 anos cotizados. 

Aínda que, con respecto a este tipo de xubilacións, falaremos máis adiante.

 

Base Reguladora 

Durante o ano 2020, a base reguladora vaise calcular dividindo por 322 as bases de cotización durante os 276 meses anteriores o mes previo o feito causante. 

Desta forma tómanse en consideración os últimos 23 anos cotizados, un máis que en 2019.

Porcentaxe

Dende o 1 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro de 2022 para alcanzar o 100% da base reguladora, serán necesarios 36 anos cotizados, 6 meses máis que en 2019. Para a cuantía da pensión de xubilación, aplicaranse á base reguladora, as seguintes porcentaxes:

  • Polos primeiros 15 anos cotizados: 50%
  • Por cada mes adicional entre os meses 1 e 106: 0,21%
  • Por os 146 meses seguintes: 0,19%
Ataque á xubilación: Vía de auga á frota galega

 

Excepcións: Xubilación parcial ou anticipada

Os suxeitos a lexislación anterior o 1 de Xaneiro de 2013, manteñen a idade de xubilación, nos 65 anos, dacordo co establecido na disposición transitoria cuarta da Lei Xeral da Seguridade Social.

A idade mínima pode ser rebaixada ou adiantada, só para traballadores en alta ou alta asimilada, en certos casos especiais, tal e como establece o Ministerio de Traballo e Seguridade Social:

  • Xubilación Anticipada a partires dos 60 anos por ter a condición de mutualista ou a partires dos 61 sen selo.
  • Xubilación parcial, deberanse ter cumplidos os 61 anos e 10 meses con 35 anos de cotización ou 62 anos e 8 meses con 33 anos cotizados. 
  • Xubilación especial os 64 anos, para os que lles resulte de aplicación a lexislación anterior ó 1 de Xaneiro de 2013 de conformidade co establecido na disposición transitoria cuarta da Lei Xeral da Seguridade Social.
  • Xubilación flexible
  • Xubilación de traballadores afectados por unha discapacidade igual o superior al 45% ou o 65%
As pensións seguen sen sumar

 

Jubilados

Incentivos para retrasar a idade de xubilación

Algúns organismos como o Banco de España reclaman incentivos para retrasar a idade para xubilarse, por causas relacionadas coma o envellecemento da poboación ou os problemas do sistema público de pensións.

Por iso, estase tratando de estudiar unha serie de medidas para premiar aqueles traballadores que queiran desenrolar a súa actividade a pesares de ter alcanzada a idade de xubilación.

Incentivos de tipo económico

Estas medidas inclúen incentivos de tipo económico, mellorando o cálculo da súa pensión como incentivo pola prolongación da súa vida laboral. 

No momento de acceder a pensión a unha idade superior a idade ordinaria de xubilación, recoñecerase ó interesado unha porcentaxe adicional por cada ano completo cotizado.

 

Estas serían mais ou menos as medidas para incentivar os traballadores que queiran seguir a súa actividade máis ala da idade de xubilación.

Así que, se eres dos que acaban de cumplir os 65 anos ou estás pendente da xubilación, é moi importante que estés ó día de toda a información e os cambios que se producirán neste ano que acaba de comezar.

Comentarios