A xefa de servizo do Cunqueiro destituída por usar máscaras cirúrxicas: "Coidado, Feixoo, non vaian cesalo por pedir FFP2 obrigatorias"

Eva Maquieira, a xefa de servizo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo destituída polo entón Xerente da área sanitaria viguesa e hoxe conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, por reivindicar o uso de máscaras cirúrxicas no centro hospitalario en marzo de 2020, lanza unha advertencia a Feixoo: "Coidado, non vaian cesalo por pedir máscaras obrigatorias". É a reacción á intención do presidente da Xunta de declarar obrigatorias as FFP2 en determinados contextos.

Eva Maquieira, nunha imaxe de marzo de 2020, cando foi destituída (Imaxe: Facebook).
photo_camera Eva Maquieira, nunha imaxe de marzo de 2020, cando foi destituída (Imaxe: Facebook).
Comentarios