As vítimas recorrerán o feche da instrución do sinistro de Angrois

Tamén o fará o maquinista, imputado canda un ex alto cargo de Adif.

A plataforma Vítimas Alvia 04155 presentará un recurso contra o auto que fecha a instrución do accidente ferroviario de Angrois, no que morreron 80 persoas. Un camiño que tamén valora seguir a representación legal do maquinista, un dos dous únicos imputados. O outro é o daquela director de Seguridade en Circulación de Adif, Andrés Cobiarte. O xuíz impútalles 80 delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave. 

 

Aliás, o maxistrado decreta o sobresemento provisional e arquivo da causa contra as outras cinco persoas investigadas, entre as que estaba o ex director de Seguridade de Renfe ou o xerente da área de Seguridade na circulación noroeste.

 

Para as vítimas o auto de feche é "insuficiente", pois entende que debería haber máis persoas imputadas, en concreto, o ex director de Seguridade de Renfe. As vítimas, porén, mantén a demanda de repetir unha investigación técnica independente.

 

Lembran, así mesmo, que o ministro de Fomento se comprometeu a cesar a Andrés Cobiarte do posto de libre designación que ten agora se finalmente seguía imputado.

 

O fin da investigación chega cinco anos e medio despois do sinistro ferroviario en que morreron 80 persoas.