Fin da investigación do sinistro do Alvia, co maquinista e un e xalto cargo de Adif como únicos imputados

Cinco anos e medio despois do sinistro ferroviario en que morreron 80 persoas.

O xulgado de Instrución nº3 de Compostela finalizou a investigación sobre o sinistro ferroviario do 24 de xullo de 2013 na curva da Grandeira, Angrois, accidente en que morreron 80 persoas e case 150 resultaron feridas.

 

O maquinista e o daquela director de Seguridade en Circulación de Adif, Andrés Cobiarte, son os únicos imputados polo maxistrado.

 

Ambos os dous enfrentan cargos por 80 delitos de homicidio e 144 de lesión por imprudencia grave profesional.

 

O maxistrado pide o sobresemento provisional e arquivo da causa a respecto das outras cinco persoas investigadas. Entre eles, o director de Seguridade na Circulación de Renfe.