VIDEO | Derrúese após 42 anos a mítica torre de Meirama

Derrubamento da torre de Meirama (Foto: Nós Diario).
A xa derruída e histórica torre de refrixeración será substituída por unha nova planta, anunciou Naturgy.

Pouco despois das 15 horas desta cuarta feira a mítica torre de refrixeración da central de Meirama derruíase nunha explosión controlada.

O tráfico foi cortado na zona e as persoas que habitan perto da estrutura foran evacuadas de maneira preventiva das súas vivendas por volta das 13 horas.

A torre que tiña unha altura aproximada de 126 metros foi derrubada após 42 anos en pé.

A central

A central de Meirama é unha central térmica de produción de enerxía eléctrica situada no concello de Cerceda.

Pertence ao grupo Naturgy e ten unha capacidade instalada de arredor de cincocentos megavatios (563 MW segundo as últimas informacións da empresa).

A central construíuse aproveitando uns xacementos de lignito xa practicamente esgotados.

Este lignito de moi mala calidade, baixo poder calorífico e moitos residuos, entre eles materias sólidas que desgastaban os muíños por atrito e xofre que provocaba moita contaminación, foi sendo paulatinamente substituído por hulla de Wyoming.

Os plans de Naturgy

Segundo as últimas informacións, Naturgy pretende agora construír outra planta que produza combustíbel de hidróxeno.