Unha das áreas de hospitalización da cuarta planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) viuse afectada polas abundantes precipitacións da madrugada desta cuarta feira.
Este es el hospital de Lugo, gestionado y construido por la Xunta del corruPPto PP. pic.twitter.com/npJHsmdmkv
— Cadaía $kda (@ocadaia) October 19, 2022
O colapso do teito duns dos corredores obrigou sanitarios e persoal de limpeza a colocar caldeiros de lixo e tirar toallas no chan para tratar de conter a auga que anegaba os espazos.
Fontes da área sanitaria de Lugo explicaron a Europa Press que, debido á intensidade das choivas e á gran cantidade de auga que caeu en pouco tempo, unha das arquetas non logrou absorber a choiva rexistrada e producíronse filtracións no corredores en cuestión.
As mesmas fontes precisaron que unha das habitacións viuse parcialmente inundada, pero o persoal de mantemento do hospital actuou "de inmediato" e a situación "está xa normalizada". Ademais, indicaron que non afectou a actividade asistencial da planta.
Preguntas no Parlamento galego
Após coñecerse o ocorrido, a viceportavoz parlamentaria e deputada do BNG, Olalla Rodil, confirmou que presentará diversas preguntas na Cámara esixindo ao Goberno galego explicacións polo ocorrido no HULA.
"O persoal viuse obrigado a tirar toallas, sabas e a pór caldeiros do lixo para achicar a auga e isto non é aceptábel no mantemento dunha instalación sanitaria", aseverou a nacionalista.
Para Rodil, o Goberno galego está obrigado a "dar explicacións" sobre o colapso do teito deste corredor e aclarar que medidas adoptará para que non suceda de novo.