A vacinación do alumnado de ESO e BAC, dúas semanas antes do inicio de curso

Sánchez, durante a súa intervención deste sábado na Moncloa (Foto: I. Infantes / Europa Press)

Pedro Sánchez, que asegura que "España está lanzada", anuncia que o Goberno do Estado baralla esas datas de cumprirse as autorizacións previstas pola Axencia Europea do Medicamento.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, asegurou que, de cumprirse as autorizacións previstas pola Axencia Europea do Medicamento, poderían iniciar a vacinación do estudantado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato "dúas semanas antes do comezo do curo académico".

"Sen dúbida, un paso decisivo para a tan ansiada recuperación da normalidade académica e social será a vacinación do noso alumnado", sinalou este sábado, 19 de xuño, Sánchez nun acto na Moncloa en homenaxe á comunidade educativa.

Neste contexto, realizou un convite formal a non soamente recuperar a normalidade que había antes da pandemia, a non conformarse "con regresar ao momento de partida".

"A comunidade educativa demostrou que a excelencia académica e educativa é un obxectivo ao alcance de España", sinalou.

"Alegría de vivir"

Para o presidente do Executivo, en España "hai alegría de vivir", algo que, nas súas palabras, "nótase no conxunto de compatriotas".

"Imos lanzados na vacinación, imos récord tras récord nas doses que estamos a administras ao longo dos días, imos recuperando o emprego. Grazas á comunidade educativa tamén foi posíbel", celebrou.

Na mesma liña de optimismo, insistiu en que España "está lanzada" e puxo a directa" cara a unha recuperación que, ao seu xuízo, "ten que ser xusta e moito máis duradera".