A USC volve suspender Luciano Méndez polos seus comentarios machistas

Luciano Méndez.

A Universidade de Compostela inicia tamén un expediente sancionador contra este profesor após as denuncias dunha alumna sobre novos comentarios machistas. "Son feitos que hai que tratar de erradicar desta universidade. Son feitos moi graves", dixo o reitor da Universidade de Compostela, Antonio López.

O  profesor da Universidade de Santiago ¡ Luciano Méndez foi suspendido de novo das súas funcións por facer referencia nunha clase ao escote dunha alumna como na anterior ocasión na que fora sancionado polos mesmos feitos.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da USC, que explicaron que o reitor da USC, Antonio López, acordou a suspensión de funcións deste profesor que "non pode exercer a función docente". Ao mesmo tempo iniciouse un expediente sancionador en relación aos feitos denunciados por unha alumna de Luciano Méndez. En caso de ser sancionado, sería a segunda ocasión xa que fora suspendido por alusións ao escote doutra estudante.

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, insistiu na "gravidade" dos feitos protagonizados polo polémico docente Luciano Méndez, que foi suspendido de novo das súas funcións por aludir ao escote dunha alumna durante unha das súas clases e que xa fora sancionado por un caso similar en 2016.

"Son feitos que hai que tratar de erradicar desta universidade. Son feitos moi graves", dixo o reitor da Universidade de Compostela, Antonio López López, nunha comparecencia pública para dar a coñecer as medidas que tomou a USC ante a "reincidencia e gravidade da conduta" do profesor.

Luciano Méndez é coñecido ademais por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoiaba 'La Manada' e criticaba á vítima.