A totalidade dos especialistas médicos do hospital de Ourense négase a facer peonadas
O sindicato O´Mega afirmou que non realizarán consultas ou cirurxías fóra da xornada de traballo ordinaria “mentres existan folgas convocadas na Galiza”.
Radiólogos, oftalmólogos, cirurxiáns vasculares e médicos da Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) comunicaron esta segunda feira á Consellaría de Sanidade a súa negativa para continuar facendo peonadas —consultas ou cirurxías que se realizan fóra da xornada de traballo ordinaria—, unha decisión coa que se suman aos seus compañeiros e compañeiras dos servizos de anestesia, cirurxía xeral, cirurxía pediátrica, neurociruxía e xinecoloxía.
O persoal destas especialistas comunicou esta sexta feira que non seguirían facendo horas extras mentres existan folgas convocadas na Galiza polo sindicato O'Mega.
Coa decisión destes especialistas a negativa para realizar peonadas, alcanza xa a todas as especialidades de todas as áreas sanitaria da Galiza.
Ante esta situación, O'Mega lamentou nun comunicado a "pasividade" do Goberno galego, "que se nega a negociar cos representantes sindicais dos médicos medidas que permitan desconvocar unhas folgas que na Galiza afectan xa a todos os niveis asistenciais".
