As tabaqueiras deberán pagar pola limpeza das cabichas no Estado español

Cabichas de cigarros (Foto: Nós Diario).
A regulación, que entrará en vixencia a partir do 6 de xaneiro, forma parte da Lei de Residuos e Solos Contaminantes, un paquete de medidas destinadas a diminuír os residuos e aumentar a reciclaxe, aprobada en abril do ano pasado.

As empresas tabaqueiras no Esatado espanhol veranse obrigadas a pagar pola limpeza de millóns de cabichas que os fumadores refugan cada ano baixo unha nova normativa ambiental emitida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recollen medios locais.

A regulación, que entrará en vixencia a partir do 6 de xaneiro, forma parte da Lei de Residuos e Solos Contaminantes, un paquete de medidas destinadas a diminuír os residuos e aumentar a reciclaxe, aprobada en abril do ano pasado.

A norma inclúe a prohibición de cubertos e pratos de plástico dun só uso, bastonciños de algodón, vasos de poliestireno expandido e palliña de plástico, así como a redución dos envases deste tipo para alimentos.

A lei axústase a unha directriz da Unión Europea que limita o uso de plásticos dun só uso e que ten como obxectivo obrigar aos contaminadores a limpar os refugallos que xeran.

As cabichas conteñen acetato de celulosa, un dos refugallos máis estendidos e tarda aproximadamente 10 anos en descomporse, liberando no proceso substancias tóxicas como arsénico e chumbo.

Repercutirá no consumidor

Ademais, os fabricantes de cigarros tamén serán responsábeis de informar e educar o público para que non refuguen as súas cabichas en espazos públicos.

Segundo o Comité de Prevención do Tabaquismo, as tabaqueiras repercutirán o custo ao consumidor.