A solidariedade con Palestina, tamén presente nas alfombras florais da Guarda
Varios tramos recolleron composicións de solidariedade con Gaza.
As tradicionais composicións florais, ‘alfombras’, que nestes días decoran rúas da Guarda co gallo do ‘Corpus’ tamén dan voz á solidariedade co pobo palestino.
En varios tramos do percorrido había composicións nas que se recollía a solidariedade con Gaza a través de diversos debuxos.
A vila do Baixo Miño leva ao longo de todos estes meses protagonizando diferentes accións e mobilizacións de denuncia do xenocidio de Israel en Gaza.
O pleno municipal da Guarda aprobou a finais de maio unha moción para condenar o xenocidio do pobo palestino, declarar persoa non grata Benjamin Netanyahu e demandar aos gobernos galego e español a ruptura das relacións con Israel e as súas empresas.
Polo menos 55.908 persoas morreron na faixa de Gaza desde que se iniciou a ofensiva israelí o 7 de outubro de 2023, segundo o último balance ofrecido este sábado polo Ministerio de Sanidade gazatí
