Só tres grupos sanguíneos se encontran a bo nivel na Galiza

Unidade móbil de ADOS para a doazón de sangue (Foto: ADOS).
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama á poboación galega a doar para poder facer fronte ás necesidades dos hospitais nas cales se precise sangue.

Só os grupos sanguíneos A negativo (A-), AB positivo (AB+) e AB negativo (AB-) se encontran nestes momentos nun nivel estábel nos hospitais galegos. Pola contra, son cinco os grupos que teñen un nivel normal. Afortunadamente, ningún grupo conta con reservas escasas.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama á poboación galega a doar para poder facer fronte ás necesidades dos hospitais nas cales se precise este elemento.

Desta forma, e co fin de ampliar a contribución cidadá, a ADOS pon a disposición 10 unidades móbiles que percorrerán os concellos galegos desde a vindeira segunda feira día 22 até o sábado, 27 de agosto. Ademais, contan con sete puntos fixos de doazón nas principais cidades galegas.

Onde se poderá doar sangue

Así, na Coruña estarán en: Miño; A Coruña; Porto do Son; Esteiro (Muros); Ares; Muxía, Santa Cristina (Oleiros); Negreira; Ou Pindo (Carnota); Ortigueira; O Burgo (Culleredo); Bergondo; Serra de Outes; Silleda; Fene; Padrón; Santiago (Praza Roxa); Mugardos; A Laracha; Cee e Rianxo.

A unidade móbil tamén visitará os municipios de: Friol; Guntín; Lourenzá; Monforte; Lugo; Sarria e Vilalba.

Para alén dentes, desprazaranse a: Ourense; Pobra de Trives; Celanova; O Barco de Valdeorras e Allariz.

Finalmente, durante a mesma semana estarán no Grove; Nigrán; Gondomar; Portas; Meis; Teis (Vigo); Gondomar; Barro; Carril; Vigo; Cambados; Salvaterra; A Estrada; Moaña e na Parroquia de Valadares (Vigo).