Protesta contra o Sergas o 19 ás 11:00 horas en Compostela

Sindicatos mobilízanse en defensa da Atención Primaria

Javier González (CCOO), María Xosé Abuín(CIG), e Carolina Moldes (CSIF) na rolda de prensa en defensa da sanidade pública. (Foto: Nós Diario) Nós Diario.
As organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) teñen comparecido nesta quinta feira para “denunciar a situación insostíbel de Atención Primaria”. Neste sentido, veñen de adiantar a convocatoria dunha concentración diante da sede do Sergas en Santiago de Compostela para o 19 de outubro.

As organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) teñen comparecido nesta quinta feira para “denunciar a situación insostíbel de Atención Primaria”. Neste sentido, veñen de adiantar a convocatoria dunha concentración diante da sede do Sergas en Santiago de Compostela para o 19 de outubro. e “non descartan ningún tipo de mobilización se a administración segue fechada a non negociar”.

CIG, CCOO, CSIF, Satse e UGT veñen de anunciar unha fronte común contra o desmantelamento da Atención Primaria. Así, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín fala “dunha situación insostíbel para os profesionais de Atención Primaria incapaces de desenvolver as súas funcións pola sobregarga de traballo e tamén para poboación que non pode acceder a este servizo básico”.

“Se non hai médicos e por culpa dos recortes aplicados pola Xunta da Galiza”, apunta María Xosé Abuín, quen destaca que “a situación parte 2012, cando se aproba o Plan Orgánico de Recursos, onde se recolle a pirámide de idade dos profesionais e se sinala que a media de idade é de 56 anos. O Sergas non só non toma medidas, senón que xubila a profesionais e no 2014 e non 2015 non chega a cubrir a oferta permitida polo Ministerio de Sanidade”.

O Consello Técnico de Atención Primaria

Os sindicatos amósanse moi críticos coa posición do Goberno galego en relación co Consello Técnico de Atención Primaria. A creación deste organismo foi resultado dun acordo da Xunta cos sindicatos após a folga de Atención Primaria de 2018, comprometéndose a administración galega a tomar como vinculantes as conclusións deste grupo de traballo para a reforma da Atención Primaria e a articulación dun novo modelo asistencial. Precisamente a negativa do Sergas a asumir as recomendacións da comisión e de adiar a elaboración das conclusións é un dos motivos de queixa das organización sindicais.

CIG, CCOO, CSIF, Satse e UGT lembran que o pasado 30 de setembro teñen remitido un escrito aos responsábeis da Consellaría de Sanidade solicitando unha reunión do Consello Técnico de Atención Primaria, co obxectivo de “fechar as conclusións” e “elaborar un plan de recursos humanos”, sen ter recibido resposta até a data.

Ao tempo, “denuncian o erro de desmedicalizar a Atención Primaria porque o servizo non pode funcionar sen médicos, polo que compre elaborar carteiras de servizos de Atención Primaria”.

“A asistencia sanitaria non a pode prestar o persoal administrativo do centro de saúde”, sinala Abuín que reclama “ diálogo a Xunta”, “valoración do traballo dos profesionais do Consello Técnico de Atención Primaria” e “un novo modelo de Atención Primaria que remate co colapso que padecen os profesionais e abra os centros de saúde á poboación”

O problema da Atención Primaria na Galiza é de carácter estrutural. Un dos elementos chaves é o escaso gasto do Goberno galego en Atención Primaria, situado en 182,3 euros por habitante, só investindo menos que Galiza, Madrid con 147,97 euros e as Illes Balears con 178,38 euros. Así, o gasto en Primaria da Xunta é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura, 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61,6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. Precisamente, a caída do orzamento sanitario tense acentuado nos anos de Feixoo á fronte da presidencia da Galiza.