Opinión

Iniciativa para resolver os problemas da Atención Primaria

A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, e que engloba todas as Asociación Autonómicas, está levando a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o Estado español de como mellorar a AP, piar básico da asistencia sanitaria ás persoas.

Este Manifesto, avalado por múltiples profesionais que traballan neste sector, elaboramos un documento que, primeiro, a nivel individual e que logo estará aberto a diferentes entidades, asociacións de pacientes, de familiares de pacientes, colexios profesionais, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, veciñais, organizacións profesionais, científicas etc., e que ten por obxectivo: instar as autoridades sanitarias a recoñecer que temos un problema: o desmantelamento sistemático da AP dende fai moitos anos, xunto a falta de investimento. Esta iniciativa, levará a unha segunda fase: poñer solución, entre todos e por consenso, a este problema de saúde, empezando por unha administración cicateira nos seus orzamentos para o ben máis prezado que temos, que é a saúde!

No momento actual, non se albisca un paradigma alternativo á AP, pero hai moitas decisións que minan a súa estrutura, as súas capacidades e o seu prestixio; por iso pensamos que hai que facer algo. O documento fai unha análise crítica da situación e propón medidas concretas para lograr unha AP aberta, accesible, equitativa e de calidade, que responda aos problemas e necesidades de saúde da poboación. O obxectivo final é promover unha grande Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso da nosa AP.

O informe, pretende suscitar un debate amplo entre as e os profesionais coa esperanza de influír nas políticas públicas.

1.- Recuperar o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento ata o 25% do total, así como os cadros de persoal, eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Ofertar Empleo Público Estable e de Calidade coa suficiente periodicidade e dando Estabilidade aos cadros.

2.- Garantir uns Centros de Saúde abertos, accesibles, próximos a toda a poboación e sen listas de agarda.

3.- Dar prioridade ás consultas presenciais, fundamentais para lograr unha eficaz relación profesional/paciente e unha atención de calidade. As consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario.

4.- Incorporar novos profesionais aos equipos de AP (fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá, farmacoloxía clínica…).

5.- Incrementar o persoal das áreas de admisión, formalo adecuadamente para mellorar a relación ca comunidade e garantir, en estreito contacto co persoal asistencial, a distribución das demandas de atención nos Centros.

6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP.

7.- Mellorar a relación co nivel hospitalario, potenciar os Procesos Asistenciais como base da atención de saúde, coordinados dende a AP, incrementando a súa capacidade resolutiva.  

8.- Desenvolver a orientación comunitaria nos centros de saúde ca colaboración de Saúde Pública e a consideración dos Determinantes Sociais de Saúde.

9.- Transformar as Áreas Sanitarias para que se convertan no espazo para a integración de todas as actuacións e actividades asistenciais.

10. Garantir a participación e empoderamento dos cidadáns.

11.- Promover o nivel de intelixencia da A P potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente.
Esperamos, dende a FADSP, que a apertura deste debate, leve á mellora da AP, o que significará que seguimos protexendo o ben máis prezado que temos: a saúde!

Comentarios