Compromiso coa actualidade

'Sermos Galiza', á venda hoxe nos quioscos

'Nós Diario' en papel volverá na terza feira da vindeira semana. (Foto: Nós Diario)
O semanario 'Sermos Galiza' e o caderno 'Gozar' adiantan un día a súa saída, ao non haber 'Nós Diario' en papel este sábado. Corre a mercalos!

O semanario 'Sermos Galiza', que acompaña cada semana o exemplar de 'Nós Diario' do sábado, adianta un día a súa saída en Semana Santa.

Do mesmo xeito, o caderno 'Gozar' tamén estará a venda nesta sexta feira, ao non publicarse prensa en papel este sábado, como xa é tradición.

Se non queres perder as noticias do día, os mellores artigos de análise e opinión e tanto o semanario 'Sermos Galiza' como o caderno 'Gozar', bule a un quiosco para mercar o teu exemplar.

'Nós Diario', sempre coa actualidade

Que non haxa xornal en papel até a vindeira terza feira non quere dicir que 'Nós Diario' non se actualizará durante estes días.

O noso equipo de redacción ten un compromiso coa actualidade, que hoxe, sábado, domingo e segunda feira seguirá a cumprir para achegar o máis importante da actualidade galega e internacional aos fogares das persoas subscritoras e lectoras.

En 'Nós Diario' estamos todo o ano a carón da actualidade, e estes días non ía ser menos. Así que desfrutade destas xornadas de merecido descanso, sen esquecer este xornal para informarvos do que pase no día a día da Galiza.