Safa analiza na Coruña as chaves do xenocidio do pobo palestino

Palestra impartida por Mohamed Safa, esta segunda feira, na Coruña. (Foto: AC Alexandre Bóveda)
O xenocidio do pobo palestino por parte do Estado sionista de Israel suma xa máis de 33.200 persoas asasinadas

Nun encontro organizado esta segunda feira na Coruña pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda en colaboración con SUGxPalestina, BDS Galiza, o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade da Coruña e Xornal da Coruña, o activista e oftalmólogo palestino afincado na Costa da Morte desde hai máis de 30 anos, Mohamed Safa, fixo unha precisa contextualización global do conflito que sofre o pobo palestino.

Safa deixou claro que "outubro non é a data inicial" da escalada de violencia rexistrada nos últimos meses na Faixa de Gaza, pois son xa "sete as décadas pelexando contra a ocupación colonial por parte do Estado sionista de Israel".

O autor de varios libros como La segunda nakba palestina: El Proceso de paz (Utopía, 2023), La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017) ou Palestina, grito por la libertad (Do Castro, 2003), fixo unha análise desde a actualidade, debullando cales son as chaves, as causas e as consecuencias do xenocidio que sobre a día de hoxe o seu pobo.

Unha agresión por parte do Estado israelí que suma xa máis de 33.200 persoas asasinadas, segundo confirmou esta segunda feira o Ministerio de Sanidade de Gaza.