Sabes cal é o concello máis extenso da Galiza?

Mapa da Galiza por comarcas e concellos (Foto: Nós Diario).
O caso do noroeste peninsular mostra unha particularidade fronte ao resto, as parroquias. Tradicionalmente, concretamente durante o medievo, o sistema de administración utilizado foron as parroquias debido á forte presenza da Igrexa católica.

O país galego está caracterizado por ter un sistema administrativo moi segmentado. Isto, probabelmente, sexa unha consecuencia indirecta do disperso sistema de asentamentos da poboación galega. O sistema administrativo que se usa a menor escala é o concello, como ordenanza nacional.

No caso galego, o municipio con maior extensión é A Fonsagrada con 438,4 km2. A Fonsagrada atópase na comarca á que dá nome: A Fonsagrada. No eido demográfico, a poboación que residía en 2007 era de 4.748 e no censo do 2021, a poboación sitúase en 3.353 habitantes.

Ademais, este concello conta con outra particularidade: a súa capital -A Fonsagrada- é a capital máis alta da Galiza cunha altura de 952 metros sobre o nivel do mar.

O caso do noroeste peninsular mostra unha particularidade fronte ao resto, as parroquias. Tradicionalmente, concretamente durante o medievo, o sistema de administración utilizado foron as parroquias debido á forte presenza da Igrexa católica.

Alcanzaron gran relevancia, debido a que ocupaban gran parte do territorio, e grazas á súa rede de comunicacións, vertebraban o territorio -cun predominio no rural-. No concello da Fonsagrada encádranse un total de 29 parroquias, algunhas das máis coñecidas son a propia Fonsagrada, Carballido, Lamas de Moreira, A Veiga de Logares e Suarna.

A Fonsagrada é a parroquia que conta cunha maior cantidade de habitantes cun total de 1.114 habitantes, cifra de poboación bastante distanciada da segunda parroquia segundo o número de habitantes, que é Lamas de Moreira, con 190 habitantes.

A media galega encontrase en 91 hab./km2, o cal nos indica que o concello da Fonsagrada se atopa moi por debaixo da media, encadrándose dentro dos concellos da Galiza máis rural e baleiro.

 Isto non sorprende tendo en conta a súa localización no mapa, nas montañas do macizo galaico. Nesta mesma zona é onde se atopan os concellos coas densidades máis baixas. Pero, cal é o concello coa densidade máis alta?.

Case todo o mundo, ante esta pregunta, imaxina dous núcleos urbanos moi poboados na Galiza: Coruña e Vigo. Segundo os datos aportados en densidade polo IGE no ano 2021, a cidade con maior densidade é a Coruña con 6399 hab./km2. Seguida do concello de Vigo que conta con 2626 hab./km2, dato que chama moito á atención debido a disparidade entre os datos.

Os datos non están equivocados, pero hai unha variábel que no cálculo da densidade varía moito: a superficie de cada concello. Mentres que Vigo conta cunha superficie de 10.905 hectáreas, o concello da Coruña só dispón de 3783 hectáreas -menos da metade de hectáreas que Vigo.

A pesar do que poida semellar a primeira vista, estes tres concellos (A Fonsagrada, A Coruña e Vigo) gardan un pasado en común. Ambos os tres núcleos teñen a súa orixe na Prehistoria, como testemuñan as múltiples construcións prehistóricas como por exemplo os monólitos e dolmens.

Durante a Idade Media, estes núcleos contaron cun desenvolvemento económico moi positivo para a época.

No caso da Fonsagrada, a Igrexa católica foi a principal promotora da economía co paso do Camiño de Santiago Primitivo pola vila. Nesta vila encontrábase un dos principais cultos a Santa María, ademais de contar cun albergue.

No caso da Coruña, tivo un inicio de época accidentado, xa que coa caída do Imperio Romano, os viquingos asaltaban a zona cada pouco tempo, facendo que a poboación se trasladara á Betanzos -zona máis protexida da ría-.

Non foi até o tempo no que gobernaba o rei  Alfonso IX, que a vila se erixiu de novo, pasando a estar libre de vasalaxes a clero ou nobres, respondendo directamente ante o rei. Desde entón, a cidade foi medrando paulatinamente sen grandes avances, até que encontrou un gran nicho de mercado, coa concesión exclusiva de poder comerciar co sal sen a necesidade de pagar os impostos da época.

No caso de Vigo, non houbo intromisión de corpos monárquicos ou clericais no seu crecemento xa que estaba somerxido no réxime de vasalaxe galego. Sufriu pirataría como no caso da Coruña, que fixo retroceder cara ao interior as poboacións costeiras na procura de protección.

A pesar de todo, a economía de Vigo foi crecendo lentamente, grazas ao comercio pesqueiro e ás plantacións de oliveiras, até que a Coroa outorgou a Baiona a liberdade de comerciar con outras cidades.

Galiza é un país diverso, con grandes extremos, pero sempre interconectada dalgún modo. Neste caso deuse pola historia como sucede case en todo o territorio.

Os tres núcleos -AFonsagrada, A Coruña e Vigo- as grandes densidades na Galiza debido a unha historia demográfica caracterizada polas emigracións, están concentradas no litoral -sendo máis acusado na vertente sur atlántica-.

A pesar do predominio da vertente atlántica, tamén salienta, tanto economica como poboacionalmente, o litoral cantábrico, que conta cunha concentración de actividades pesqueiras e industriais.