A residencia de Silleda rexistra 13 novos casos e eleva os contaxios a 46

Un sanitario, cunha cadeira de rodas, xunto a unha residencia. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
13 novos positivos elevan a 46 as persoas contaxiadas polo gromo na residencia de Silleda, a máis afectada pola Covid-19 na Galiza.

O gromo de coronavirus vinculado á residencia de maiores Coviastec de Silleda alcanzou as 46 persoas usuarias infectadas após detectarse 13 novos positivos.

Segundo o balance actualizado este domingo polas consellarías de Sanidade e Política Social, as residencias de maiores da Galiza suman 50 usuarias contaxiadas tras confirmarse os positivos de 13 residentes no centro de Silleda.

A residencia silledense mantense como a máis afectada, con 46 persoas usuarias contaxiadas. Ademais, o centro de maiores Santa Mariña de Xinzo de Limia rexistra tres infectados e na residencia  DomusVi Laraxe de Cabanas hai un caso de COVID-19.

Así mesmo, contabilízanse seis traballadores e traballadoras de residencias de maiores con coronavirus tras detectarse tres novos casos entre profesionais do centro de Silleda. Así, esta residencia suma cinco empregados contaxiados e a de Caranza rexistra un.

Pola súa banda, os centros de discapacidade mantéñense sen infectadas entre os seus usuarias e tampouco presentan casos entre os seu cadro de persoal.