Tres novos falecementos elevan a 2.319 as víctimas mortais pola pandemia na Galiza

Nas últimas horas rexistráronse tres novos falecementos pola Covid.
Nas últimas horas faleceron tres persoas na Galiza pola Covid-19, en todos os casos tratábase de doentes con patoloxías previas.

As autoridades sanitarias comunicaron nas últimas horas o falecemento de tres persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a 2.319 o número de vítimas mortais pola pandemia na Galiza.

En concreto, segundo fontes sanitarias, as tres persoas tres falecidas presentaban patoloxías previas. Trátase dun home de 84 anos e outro de 74 que morreron esta sexta feira no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

A terceira vítima foi unha muller de 99 anos que faleceu onte no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Estes novos falecementos prodúcense nun momento no que o número de contaxios parece moderarse mentres medra a presión hospitalaria nos hospitais galegos 

Nos últimos sete días, tres de cada cinco concellos galegos non rexistraron contaxios. Con todo, as autoridades sanitarias chaman a non baixar a garda para evitar unha cuarta vaga da pandemia.