Representantes de 116 entidades galegas e do resto do Estado exixen o cumprimento total da Lei de Residuos

Reunión no Ministerio (Foto: Sdega)

Nun encontro no Ministerio de Transición Ecolóxica , os organizacións do movemento #LeydeResiduosYa fixeron fincapé no cumprimento dos obxectivos dos envases realizábeis, a transparencia e veracidade das cifras oficiais de recollida selectiva e reciclaxe e a necesidade de implantar un Sistema de Depósito para enviases de bebidas o antes posible.

O pasado 15 de febreiro, 15 representantes das entidades que conforman o movemento #LeydeResiduosYa (entre as que hai varias galegas, como Adega) uníronse no Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico co secretario de Estado de Medio Ambiente o e a súa equipa para afondar nas demandas do manifesto presentado o paso 14 de decembro.

Na reunión, as entidades, procedentes da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Balears, Comunidade de Madrid ou Canarias, trasladaron a urxencia e a necesidade de que a Lei de Residuos se cumpra na súa totalidade para comezar a poñer un freo á contaminación por os envases dun só uso e os riscos para a saúde e a biodiversidade que estes implican, abrindo así o camiño para prevención  da xeración de residuos e a reutilización dos envases.

Con carácter de urxencia, as organizacións reclamaron o cumprimento dos obxectivos de reutilización, a necesidade de obter datos transparentes e fiábeis sobre a recollida selectiva e reciclaxe de envases e a implantación dun Sistema de Depósito que permita devolver latas, botellas e briks aos comercios e supermercados.

O encontro co  secretario do  Estado chega dous meses despois de que os representantes da sociedade civil fixeron publico  un manifesto  pedindo o cumprimento total da ‘Lei de Residuos e Solo Contaminados, para Economía circular’  e o Real Decreto de Envases e Residuos de Envases.

Nese momento as entidades asinantes foron  74, e a día de hoxe xa son 116 a entidades asinantes. A necesidade  dunha actuación urxente fai que cada día se sumen máis organización de todos os puntos do territorio a este movemento.

Durante a reunión, as entidades do movemento #LeydeResiduosYA  entregaron a Morán un informe de 60 páxinas coas petición concretas de máis dun cento de organización que traballan cada dia en todos os puntos do territorio para loitar contra a contaminación por plásticos e promover un modelo de xestión de residuos moita máis sostible.

“É o momento de que o Ministerio vele polo cumprimento da Lei de Residuos que a mesma Administración publicou en abril de 2022. Se non se cumpren os obxectivos marcados no texto, , como a  presenza de envases reutilizábeis nos supermercados ou o Sistema de Depósito, que tan ben funciona noutros países, algúns fitos para a xestión dos residuos en España veranse en  risco”, sinalan as entidades.