Que é unha gasolineira dual e cantas hai na Galiza?

Gasolineira dual en Martiñán, Vilalba (Foto: Europa Press).
De baixa implantación polo de agora máis cunha previsión de crecemento notábel nun futuro próximo, Galiza xa conta con gasolineiras duais, mais, que é o que ofrecen exactamente?

Martiñán, no Concello de Vilalba, foi a primeira localización para unha gasolineira dual na Galiza. Está na estrada N-634, "unha localización de gran valor estratéxico pola súa proximidade á autovía A-8”, indican desde Naturgy, empresa impulsora da gasolineira.

Mais, que é unha gasolineira dual? Coñécese con ese nome ás estacións de reportaxe que ofrecen gas natural comprimido (GNC) e gas natural licuado (GNL) tanto para vehículos pesados como lixeiros. Tamén, nalgúns casos, hai gasolineiras duais que ofrecen Gas Natural Vehicular.

"Mobilidade sostíbel"

De acordo coas empresas que impulsan este tipo de gasolineiras, estas axudan ao fomento da mobilidade sostíbel” e dan “competitividade ao sector do transporte”.

Esta cuarta feira, inaugurouse outra destas gasolineiras duais, no polígono compostelán da Sionlla. A estación de servizo, xestionada por Los Ángeles Gas, sitúase na zona da ligazón coa autovía do Norte, polo que, segundo subliñaron os seus responsábeis, "é un punto necesario no corredor atlántico" e supón "unha resposta global" ás frotas ou os vehículos que se dirixen desde a península a Francia e ao resto de Europa.

A gasolineira dispón dun tanque de Gas Natural Vehicular, un surtidor de Gas Natural Licuado e dous de Gas Natural Compromido, que permiten a reposición de vehículos lixeiros e pesados.

Cales máis hai?

Segundo informaron os promotores da nova gasolineira dual, “esta nova instalación dará apoio á estación de GNL que actualmente se está construíndo en Vilalba e á rede de GNC impulsada por Naturgy coa construción das estacións de Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Vigo e Martiñán.