O prezo da luz baixa este domingo un 45,4%, ata os 76,11 euros/MWh

2022 foi o ano co prezo da luz máis caro desde que hai rexistros (Foto: Nós Diario).
O prezo mínimo, de 4,16 euros/MWh, prodúcese entre as 15 e as 17 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, cando será de 137 euros/MWh.

O prezo promedio da electricidade para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado maiorista baixará este domingo ata os 76,11 euros por megavatio hora (MWh), o que supón un descenso do 45,4% fronte aos 139,49 euros/MWh deste sábado.

Na poxa, o prezo promedio da luz no mercado maiorista o denominado pool sitúase este domingo en 81,05 euros/MWh. O prezo mínimo, de 4,16 euros/MWh, prodúcese entre as 15 e as 17 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, cando será de 137 euros/MWh.

 

 

A este prezo do pool súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser pagada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, dispoñan dunha tarifa indexada, que para este domingo se sitúa en -4,94 euros/MWh.

Neste sentido, o prezo medio da electricidade até o 26 de febreiro sitúase en 132,55 euros/MWh, é dicir, case o dobre da media de 68,32 euros/MWh do mesmo período do mes pasado. Hai un ano, o prezo medio da electricidade era de 195,05 euros/MWh.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' marca unha senda para o gas natural para a xeración de electricidade a partir dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e, posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até o remate da medida.