A presión da comunidade educativa do CEIP O Grupo de Ribeira obriga a Xunta a cubrir a titoría vacante tras seis semanas de mobilizacións

Tras seis semanas de protestas, concentracións e caceroladas, a comunidade educativa do CEIP O Grupo de Ribeira conseguiu que a Xunta da Galiza cubrira finalmente a titoría vacante de 3ºB de Primaria, sen mestra desde o inicio do curso. A Consellaría de Educación confirmou o nomeamento dunha docente que se incorporará o 20 de outubro, pondo fin a unha mobilización exemplar de familias, profesorado e alumnado en defensa do ensino público.
Mobilización da ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, esta segunda feira 6 de outubro. (Foto: ANPA Santa Uxía)
Mobilización da ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, esta segunda feira 6 de outubro. (Foto: ANPA Santa Uxía)
Comentarios