Cooperativa Amarelante

"Precisamos máis investimento para avanzar"

Socias de Amarelante apañando castañas (Amarelante).
A cooperativa de produción de castañas e derivados Amarelante coloca Manzaneda como referente. As cinco familias que a forman entenden o proxecto como ferramenta de transformación da sociedade ante unha situación de crise económica, ecolóxica e social que exixe estratexias que redefinan a relación do ser humano co medio.

Como puxeron en marcha Amarelante?
Naceu en 2013 formado por un grupo de xente da zona de Manzaneda e Trives, a raíz das propostas dunha reunión do concello para revitalizar a zona. Alí xurdiu a idea de recuperarmos os soutos abandonados para facer unha cooperativa de explotación comunitaria da terra. Buscamos unha fórmula que se axeitase e atopamos a cesión como posíbel solución. O concello, como moitos do interior, ten unha taxa de envellecemento moi alta e un despoboamento cada vez maior. Os soutos que hai décadas eran sector produtivo e actividade anexa á economía do fogar, nun lugar onde practicamente 90% da superficie forestal é castiñeiro, estaban abandonados. Vimos que esta actividade podería, a medio ou longo prazo, darnos un posto de traballo, que ao final é o obxectivo dunha cooperativa. Agora somos 10 persoas implicadas, unha delas con dedicación completa.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.