A plena luz do día e no medio da estrada. Así foi o último avistamento dun oso pardo nos Ancares

Un exemplar de oso pardo camiñando nos Ancares (Foto: CRTVG).
No censo de febreiro de 2023, na Galiza hai rexistrados un total de 11 exemplares.

O oso pardo é unha especie que antigamente se estendía por boa parte do territorio que hoxe coñecemos como Galiza.

Nos últimos tempos, a poboación deste tipo de osos é moito máis escasa mais, afortunadamente, isto non significa que estea extinto. De feito, nas última horas foi avistado un osos pardo camiñando a plena luz do día nunha estrada dos Ancares. Foi no concello de Cervantes, na parroquia de Vilarello.

Segundo protección civil isto non é un feito illado e aseguran ter visto outro exemplar nos últimos días o que podería indicar un aumento da poboación de osos pardos.

No censo de febreiro de 2023, na Galiza hai rexistrados un total de 11 exemplares.

Territorios como Asturias ou Castela e León teñen rexistrado un número maior destes exemplares con 131 e 197 respectivamente.

Consellos

O que se debe facer en caso de encontrarse cun oso pardo, se se vai a pé, facerse notar sen realizar grandes acenos e, se se vai en coche, pór as luces de emerxencia e esperar a que o animal abandone a estrada.