Persoal de Povisa ten que realizar as probas PCR a posíbeis infectados sen máscaras FFP2

O persoal do hospital Povisa de Vigo realiza as probas PCR a potenciais portadores de coronavirus con máscaras cirúrxicas no canto de con máscaras FFP2 ou FFP3, que son as que máis protexen, e ademais rotan entre distintas áreas e plantas. Son as principais denuncias formuladas por traballadoras e traballadores deste centro, que mantén un concerto coa Consellaría de Sanidade.

Chus Neira, da CIG, e Ruth Vallejo, da CXT, en rolda de prensa.
photo_camera Chus Neira, da CIG, e Ruth Vallejo, da CXT, en rolda de prensa.
Comentarios