A dirección de Povisa tenta boicotar a folga indefinida que comezará o día 19

O comité de empresa denunciou perante a Inspección de traballo os incumprimentos da dirección do hospital vigués na fixación dos servizos mínimos pactados

A patronal hospitalaria, sinalan desde o comité de empresa de Povisa "está a vulnerar o acordo" alcanzado c@s representantes sindicais polo que se fixaban un servizos mínimos para a folga indefinida que comezará o vindeiro 19 de agosto. 

O vindeiro 27 de agosto os tribunais decidirán se Povisa debe ou non recoñecer a vixencia do convenio extinguido 

Están "mudando as quendas, colocando traballadoras en mínimos en servizos que deberían estar pechados, como policlínica, radioloxía nas consultas e outros" denuncian desde o comité ao tempo que aseguran, esta actitude non é máis que unha outra "evidencia da falta de vontade da dirección para acadar calquera entendemento". 

@s traballadoras e traballadoras do hospital privado de Vigo convocaron unha folga indefinida após a suspensión das negociacións do novo convenio colectivo. Neste senso, a patronal de Povisa pretende "impor unha merma inasumíbel das condicións salariais e laborais", denuncian desde a CIG. 

A dirección do hospital pretende impor unha redución salarial do 40%-52%

Neste senso, o vindeiro 27 de agosto terá lugar o xuízo en que se dirimirá a vixencia ou non do anterior convenio á espera de que sexa negociado un novo. Embora a empresa agarda poder aplicar o convenio provincial logo de expirar o de empresa --mediante o que se reducirían entre o 40% e o 50% os salarios-- desde a CIG lembran que existen precedentes en que a xustiza "obrigou á empresa a recoñecer a vixencia do convenio". Cuestión que consideran un "varapau" para "a reforma laboral do PP". 

Comentarios