O persoal dos servizos sanitarios do Hospital de Lugo (HULA) carece da máscara FFP2, elemento de protección para que que Feixoo solicitou ao Goberno español que fixase os criterios nos que debería ser obrigatoria, apuntando así o debate cara o seu uso obrigado.
“No HULA ao persoal de administración, laboratorios, cociña, esterilización etc, non se lles dá máscaras FFP2, xa que segundo a xerencia non teñen atención directa ao doente”, critican desde este sindicato.
“Se un hospital non é atención directa aos doentes, logo que é?”, pregúntanse. E lembran entón como a semana pasada Núñez Feixoo anunciaba que pediría ao Goberno español que fixase eses criterios.
“Mentres, os traballadores dos servizos sanitarios que dependen do Sergas están a traballar sen ela ou ben, os que poden permitirse mercala, mércana para vir o seu posto de traballo protexido e protexendo”.