O home de 49 anos de idade que deu positivo por coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, o primeiro na Galiza, permanece hospitalizado "estábel dentro da gravidade".
Así o confirmaron esta quinta feira a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que concretaron que o paciente se atopa nunha planta de hospitalización convencional.
Este paciente foi atendido esta segunda feira no servizo de Urxencias do Chuac, onde se activou na tarde dese día o protocolo para coronavirus. No marco do mesmo, sobre unha decena de traballadores foron enviados a illamento aos seus domicilios como medida preventiva.
O paciente, residente en Madrid, chegou a Galiza nun coche compartido para unha entrevista de traballo. A segunda feira, dada o seu sintomatoloxía, acudiu ao servizo de Urxencias do Hospital A Coruña ao redor das 13,00 horas.
Este paciente foi diagnosticado dunha pneumonía de orixe descoñecida, unha patoloxía ante a que o último protocolo acordado co Ministerio de Sanidade recomenda facer as probas para coronavirus.
Con iso, de forma preventiva, activouse na tarde do luns o protocolo de sospeita do COVID-19 e tomáronse as medidas de protección a profesionais e pacientes que estiveron en contacto con el en Urxencias.
Nun primeiro momento, as probas practicadas na Coruña non foron concluíntes, e remitíronse este martes ao Centro Nacional de Microbiología en Madrid para a súa análise, onde confirmaron o positivo a coronavirus.
Aliás, un transportista veciño de Vigo está illado no Cunqueiro de Vigo á espera dos resultados definitivos das probas. O Hospital xa decdiu illar traballadoras sanitarias que estivesen en contacto co paciente.