sábado 19/06/21

Un paso máis cara a "nova normalidade": Desaparecen da Galiza as restricións máis elevadas

A Consellaría de Sanidade vén de comunicar a decisión tomada no marco dun novo encontro de traballo coas expertas e expertos do comité clínico. A pasada semana decidírase manter Mos e A Pobra do Caramiñal baixo fechamento perimetral, mais esa medida sobre a mobilidade quedou suspendida na segunda feira e, a partir do día 12 de xuño, só haberá dous chanzos de risco e limitacións (medio-alto e medio-baixo).
As praias atraen ao público galego nesta desescalada paulatina. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press) #desconfinamento #restricións #galiza #praias #coronavirus #pandemia #covid19 #sanxenxo #limitacións #comitéclínico
As praias atraen ao público galego nesta desescalada paulatina. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
comentarios