Os pacientes Covid ingresados na Galiza descenden a 79 e os novos contaxios aumentan a 82

Galiza experimentou un novo alivio da presión hospitalaria a piques de facerse un mes sen estado de alarma, ao descender a 79 os pacientes ingresados pola Covid-19, catro menos; mentres que os novos contaxios incrementáronse a 82, que supoñen 28 máis que a xornada anterior. Polo seu lado, os casos activos seguen en descenso e caen a 1.729.

Sanitarias realizan unha proba PCR (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
photo_camera Sanitarias realizan unha proba PCR (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
Comentarios