Orde de afastamento de 100 metros para o agresor machista de Baralla

A Fiscalía non pediu para el prisión e a xustiza púxoo en liberdade.

Na segunda feira (29 de febreiro) foi posto en liberdade o home que agrediu Beatriz López, a moza de Baralla que fuxiu durante dous días perante a situación de violencia machista na que se atopaba, como relatou aos medios de comunicación. 

A Fiscalía non pediu para o agresor pena de prisión polo que foi posto en liberdade, após prestar declaración xudicial, cunha orde de afastamento que lle impide achegarse a ela a menos de 100 metros. 

Beatriz López fuxira de Baralla para se agochar nunha hospedaría na cidade de Lugo logo de que batese nela. No seu relato a moza dá conta de agresións anteriores e do control que exercía sobre ela describindo unha persoa ciumenta e agresiva.