A obsesión pola iluminación ornamental ameaza a noite e as especies vivas

O proxecto de iluminación da ponte de Rande non só desencadeou un tirapuxa entre PP e PSOE a conta das competencias reais da Administración galega e do Goberno estatal sobre a iniciativa que lidera a concesionaria da AP-9, Audasa. A idea de alumar a infraestrutura que dá soporte á autoestrada do Atlántico sobre a ría de Vigo volve incidir nun problema cada vez máis recorrente: a obsesión pola iluminación ornamental e o seu impacto no medio natural. 
rande 900
photo_camera Detalle da proposta de iluminación da ponte de Rande asinada por Signify, propiedade de Philips.
Comentarios