O colexio La Salle abre unha investigación interna sobre os abusos sexuais a crianzas

O Colexio La Salle de Compostela (Foto: Lmbuga)

Após as denuncias de abusos sexuais por parte de varios alumnos da década de 1980, o colexio La Salle de Compostela traslada a apertura dunha investigación interna.

Poucas xornadas despois de que o Bloque Nacionalista Galego de Compostela exixira unha investigación sobre as denuncias por abusos e agresións sexuais no colexio La Salle da cidade, á que se sumou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o centro escolar anunciou a apertura dunha investigación interna para esclarecer o acontecido.

O director do colexio, Jesús Martín, asina un comunicado dirixido ás nais e pais dos alumnos no que asegura que iniciaron o proceso para recompilar “toda a información posíbel”.

Cos datos obtidos por medio de entrevistas “a persoas que poidan achegar datos relevantes sobre o caso”, Martin subliña que nelas recollerán o ocorrido “con independencia de que os feitos prescribisen legalmente ou de que o presunto agresor falecese”.

Testemuños de abusos

Varios ex alumnos do colexio La Salle de Compostela declararon que durante a súa estancia no centro, na década de 1980, foron vítimas de abusos sexuais por parte dun profesor e mais dun cura, falecido hai anos.

O pasado sábado, a entidade recoñeceu que recibida dúas novas denuncias por estes feitos. Na Galiza ten un centro en Ferrol amais do situado na capital do país.

La Salle incidiu na “repulsa cara aos feitos, e mostramos o noso total apoio ás persoas afectadas”, ao tempo, salienta que nos últimos antes trasladaron “diferentes denuncias que foron admitidas a trámite pola Audiencia Nacional”, e que algunhas delas “acabaron en longas penas de cárcere”.

As agresións sexuais a menores de idade no seo da Igrexa tamén foi denunciada no Parlamento. A oposición de Bloque Nacionalista Galego e Partido dos Socialistas de Galiza indica que procuran garantir que se profunde na investigación destes delitos.