O exército español desprégase en cidades galegas para controlar que se cumpre o estado de alarma

Exército despregado nas rúas de Vigo (TVG)

Defensa anuncia que efectivos do Exército de Terra e a Brilat farán cumprir as ordes do Goberno.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, comunicou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que “de maneira inmediata”, se despregarán na cidade efectivos do Exército de Terra e da Brigada Orgánica Polivalente “Galiza” VII (Brilat) que, en coordinación coa Policía Local e Estatal teñen orde de que se cumpran as ordes ditadas polo Goberno na declaración de “Estado de Alarma”.

Non é Vigo a única cidade galega onde van desembarcar os militares. Tamén haberá despregamentos das forzas armadas na Coruña e Pontevedra no marco do operativo bautizado por Defensa como Balmis.

Os primeiros efectivos xa patrullaron polas rúas de Vigo na noite desta segunda feira, mesmo con megafonía nos vehículos para apelar ao cumprimento do confinamento e explicar as medidas que isto implica. Uns trinta efectivos en oito vehículos, presentouse en puntos sensíbeis da cidade, varias prazas e infraestruturas como o porto e o aeroporto. "A nosa misión consite en labores de recoñecemento", di o tenente Jorge Ramos en declaracións á TVG

O despregamento, nestas días, é de máis de 1.100 soldados en diferentes cidades do Estado.