Un domingo con sabor a queixo

A música, protagonista no feche da Festa do Queixo

A 42ª edición da Festa do Queixo de Arzúa continua este domingo con máis actividades, entre elas o festival “Pequequeixo”, dirixida ás crianzas, e as actuacións de Mercedes Peón e Milladoiro.

Continúa a Festa do Queixo de Arzúa e faino con novas actividades. Na xornada matinal deste domingo as protagonistas serán as crianzas, que poderán gozar do festival “Pequequeixo”, coa actuación de Paco Nogueiras. Brinca Vai! Arrinca ás 12h na praza de Galiza. Mais non só. O programa acolle actividades como o “Queixeamos?”, un espazo para te retratar; obradoiros e actuacións.

Os do Pilón, a Charanga BB+ e a Banda de Música de Arzúa completarán o apartado musical na xornada da mañá, mentres que á tarde terá lugar o Festival do Queixo, no Campo da Feira. Esta edición fechará ao grande coas actuacións de Mercedes Peón (18h) e de Milladoiro (19.30h).

E todo... aderezado co sabor do queixo de Arzúa.